Organización

O festival SONS DA LAMEIRA nace como consecuencia da necesidade de ampliar a oferta cultural que se desenvolve na parroquia de Matamá, durante os meses do verán. Este festival constitue un claro exemplo de que a xuventude pode ter, e levar a bo término dun xeito coordinado e serio, iniciativas culturais de grande interese para a cidadanía en xeral.
O festival SONS DA LAMEIRA foi creado no ano 2007, por dúas asociacións da parroquia de Matamá(Vigo): o COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA(organizador do día do MalaherbaRock) e a ASOCIACIÓN XUVENIL DE ACTIVIDADES DE OCIO DE MATAMÁ(organizador do día do MatamaFolc), ambas as dúas constituidas por xóvenes con ampla experiencia na organización de eventos destas características, como por exemplo o Matamáfolc, Matamá Rock, Teima Rock, etc...
A organización conxunta das dúas aociacións duraría ata o ano 2012, ano no que A.X.A.O.M.A. deciden darse un merecido descanso, deixando ata novo aviso a organización do seu día, o día do MatamáFolc. Isto provocaría que dende a edición do 2013 o Sons da Lameira só contaría co día MalaherbaRock, organizado polo Colectivo Malaherba.